Buscador de libros

Busqueda avanzada
O curioso incidente do can á media noite: portada
  • N° páginas : 284
  • Medidas: 135 x 215 mm.
  • Peso: gr
  • Encuadernación: Rústica
Descargar Ficha Enviar Ficha

O curioso incidente do can á media noite HADDON,MARK

Un éxito internacional que ofrece intriga e humor a través dun personaxe peculiar con autismo.

Editorial:
Traductor:
Moisés Barcia
Colección:
SUSHI BOOKS - GALL
Materias:
NARRATIVA AUTORES EXTRANJEROS;
ISBN:
978-84-15920-12-0
EAN:
9788415920120
Precio:
17.79 €
Precio con IVA:
18.50 €

¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

 

Sinopsis

Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.

Autor: Haddon, Mark

Haddon, Mark

Mark Haddon (Northampton, Reino Unido, 1963), vive en Oxford e é escritor, ilustrador e guionista. Licenciado en Literatura Inglesa e autor de quince libros para nenos, gañou dúas veces os prestixiosos premios BAFTA da Academia Inglesa de Cine e Televisión. Haddon traballou durante un tempo con persoas que padecían discapacidades físicas e mentais, e adquiriu o coñecemento sobre o autismo que despois aplicaría con grande acerto no seu primeiro libro para adultos. 'O curioso incidente do can á media noite' foi acollido con grande éxito en todos os países nos que se publicou (xa en 35 idiomas), e obtivo premios como o Whitbread ou o da Commonwealth.