Un clásico da novela de aprendizaxe que expón temas coma a inmigración, a pobreza, o machismo, ou a desigualdade entre os sexos.
Traductor:
Alicia Meléndez Sousa
Ilustrador:
Jacobo Fernández Serrano
Colección:
SUSHI BOOKS - GALL
Materia BIC:
FICCIÓN MODERNA Y CONTEMPORÁNEA
Fecha lanzamiento:
30/06/2014
Sinopsis
A casa de Mango Street é una historia colectiva e metafórica formada por 44 contiños conectados entre si polo punto de vista da súa narradora e protagonista, unha nena que vive nun humilde barrio hispano de Chicago. Esperanza esperta á adolescencia sentindo que non pertence, ou non quere pertencer, ao mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro. A través dun estilo fugaz e directo, definido pola autora como “antipoético”, A casa de Mango Street, describe con breves pinceladas a situación socioeconómica da muller chicana nos Estados Unidos. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, expón temas coma a inmigración, a pobreza, o machismo, ou a desigualdade entre os sexos cun lirismo e unha proximidade que fan imposible que o lector non se sinta identificado cunha obra que descobre ata que punto os nosos medos e os nosos desexos son universais.
Autor: Cisneros, Sandra
Sandra Cisneros naceu en Chicago en 1954, sendo a menor de sete irmáns homes. Na actualidade está considerada a mellor narradora chicana contemporánea, e o seu papel na literatura feminista é incuestionable. Comprometida de maneira destacada cos máis desfavorecidos do seu país e, por encima de todo, coa situación das mulleres, Cisneros describe cun estilo conmovedor a súa propia realidade e o complicado de atopar unha identidade e un lugar no mundo cando se é unha muller chicana.
Otras imágenes del libro