Buscador de libros
Busqueda avanzadaPrimer capítulo / Extracto [Ver]
- N° páginas : 32
- Medidas: 200 x 275 mm.
- Peso: 387 gr
- Encuadernación: Carton‚
Debaixo do asfalto, a flor ARAYA GUTIERREZ, ROCIO/RODRIGUEZ SUAREZ
Esta é a historia dunha insólita amizade. A que un neno, León, membro dunha familia de vendedores ambulantes, estableceu cunha flor.
¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

Sinopsis
Neste lugar, cuberto agora de asfalto, houbo hai tempo unha terra verde e altas árbores e mesmo un río de augas sonoras. Un día, unha familia de vendedores ambulantes acampou alí. Foi León, o do riso bonito, quen descubriu a flor. Coidouna, evitou que os outros nenos a esmagasen e fíxoa a súa amiga. Sentaba a carón dela para ver pasar as nubes e contarlle anacos da súa vida. Contáballe o da súa vida errante, o da burriña Brisa, o de Camila, cuns dedos que un día se entrelazaron cos seus.
Autor: Araya Gutiérrez, Rocío
Rocío Araya (Bilbao, 1982) debuxa mesturando intuición, xogo e sentimento, o que dá lugar a imaxes evocadoras que precisan do lector para seren completadas. Gústalle probar novos camiños e descubrir algo diferente en cada imaxe. Polas súas ilustraciones e os seus libros recibiu algúns recoñecementos internacionais e en 2024 foi elixida pola Fundación Maurice Sendak para o seu programa de bolsas artísticas en Nova York.
Autor: Rodríguez Suárez, Mónica
Mónica Rodríguez naceu en Oviedo en 1969. Licenciada en Ciencias Físicas, chegou a Madrid o ano 1993 para estudar un máster de Enerxía Nuclear e desde 1994 ata o ano 2009 estivo traballando no Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT). En 2003 publicou o seu primeiro libro infantil e en 2009 deixou o traballo nesa institución para dedicarse enteiramente á literatura. Xa publicou máis dunha trintena de libros. Recibiu numerosos premios e recoñecementos, coma o Premio Ala Delta, o Premio Anaya, o Premio Alandar, o Gran Angular ou o Premio Fundación Cuatrogatos en seis ocasións e foi incluída en varias listaxes de honra White Raven. En 2018 recibiu o Premio Cervantes Chico polo conxunto da súa obra e, en 2024, o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que concede o Ministerio de Cultura.
Libros relacionados
Otras imágenes del libro



