Buscador de libros

Busqueda avanzada
Un galego en Irlanda: portada
  • N° páginas : 96
  • Medidas: 170 x 240 mm.
  • Peso: gr
  • Encuadernación: Rústica
Descargar Ficha Enviar Ficha

Un galego en Irlanda CASTRO DEL RIO,PLACIDO

Un galego en Irlanda é unha compilación das crónicas publicadas en El Pueblo Gallego que Plácido Castro escribiu durante unha viaxe ás Illas Blasket, situadas no occident

Editorial:
Colección:
VARIOS
Materia BIC:
DIARIOS, CARTAS Y DIARIOS DE NAVEGACIÓN
ISBN:
978-84-946731-2-2
EAN:
9788494673122
Precio:
11.54 €
Precio con IVA:
12.00 €

¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

 

Sinopsis

O corcubionés emprende a súa viaxe cun erudito do British Museum. Parten desde Dublín e percorren Irlanda ata chegar á aldea de Dunquin. Pouco a pouco, Castro vai introducíndose na convivencia cos illeiros do arquipélago, unha comunidade que fala esencialmente gaélico, rexida por un “rei”, que ostenta o poder local, e na que tamén hai un “poeta”, o home máis importante da illa. As crónicas están cheas de lirismo e anécdotas nas que pretende reflectir as semellanzas e diferenzas entre Galicia e Irlanda. Unhas pezas de gran trascendencia poética, filosófica, antropolóxica, paisaxística e cultural, relatadas polos ollos dun Plácido que xa mostraba unha gran sagacidade observadora e unha curiosidade comprometida con apenas 26 anos.

Autor: Castro del Río, Plácido

Plácido Ramón Castro del Río (Corcubión 25/01/1902, Cambados 17/07/1967). Escritor, xornalista, tradutor e cosmopolita militante, é, sen dúbida, unha figura senlleira do mundo galeguista. En 1927 aséntase en Londres desde onde colabora con El Pueblo Gallego e Informaciones, así como en publicacións como A Nosa Terra e Céltiga. En 1930 retorna a Galicia e comeza a colaborar con Irmandades da Fala ó tempo que se converte en membro da Asemblea Fundacional do Partido Galeguista, onde acadaría un peso importante. Anos máis tarde, co levantamento militar contra a República, detéñeno en Muxía.


Otras imágenes del libro