Buscador de libros

Busqueda avanzada
Os sete irmáns: portada
  • N° páginas : 374
  • Medidas: 135 x 215 mm.
  • Peso: gr
  • Encuadernación: Rústica
Descargar Ficha Enviar Ficha

Os sete irmáns KIVI,ALEKSIS

Mestura do tráxico e do cómico, fiel retrato do carácter finlandés, insubmiso e supervivente, e exquisita descrición da paisaxe nórdica

Editorial:
Traductor:
Tuula Ahola
Colección:
COLECCION XERAL
Materias:
NARRATIVA AUTORES EXTRANJEROS;
ISBN:
978-84-120370-2-9
EAN:
9788412037029
Precio:
21.63 €
Precio con IVA:
22.50 €

¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

 

Sinopsis

Cando herdan a granxa familiar, os sete irmáns non queren oír falar de traballar e pagar impostos coma todo o mundo, nin moito menos aprender a ler. Así que os mozos deciden escapar do modo de vida que lles intentan impoñer na vila e bótanse ó monte, onde vivirán numerosas aventuras, construirán unha cabana e loitarán con osos e lobos. Tras varios anos de vida salvaxe, cambian de rumbo e deciden volver á vila, casar e asentarse como respectables granxeiros. Publicada por primeira vez en 1870, Os sete irmáns foi mal recibida no seu momento polo seu realismo, humor e linguaxe. Porén, foi redescuberta como obra mestra no século xx ata converterse no libro máis popular de Finlandia e ser traducida a boa parte das linguas estranxeiras.

Autor: Kivi, Aleksis

Kivi, Aleksis

Aleksis Kivi (Nurmijärvi, Finlandia, 1834-1872) foi un dos primeiros e mellores autores de prosa e lírica en finlandés, nun tempo no que a maioría da literatura do seu país procedía de autores suecofalantes. En 1846 trasladouse a Helsinki, e máis tarde estudou literatura na universidade da capital. A súa carreira literaria arrancou con Kullervo (1864), unha obra baseada no clásico Kalevala. En total, publicou doce pezas dramáticas e unha colección de poemas. A súa única novela, Os sete irmáns (1870), levoulle dez anos de traballo, e daquela foi considerada demasiado vulgar.