Buscador de libros

Busqueda avanzada
Tres fins do mundo: portada
  • N° páginas : 88
  • Medidas: 135 x 215 mm.
  • Peso: gr
  • Encuadernación: Rústica
Descargar Ficha Enviar Ficha

Tres fins do mundo MYKKANEN,ERKKA

A realidade cotiá deconstruída en pequenas doses de fantasía

Editorial:
Traductor:
Tuula Marjatta Ahola Rissanen
Colección:
COLECCION XERAL
Materia BIC:
FICCIÓN MODERNA Y CONTEMPORÁNEA
ISBN:
978-84-122139-0-4
EAN:
9788412213904
Precio:
13.46 €
Precio con IVA:
14.00 €

¿Quieres comprar este libro? Busca tu librería más cercana

 

Sinopsis

Tres fins do mundo é unha especie de descrición da realidade que nos arrodea feita a partir da deconstrución e a redución ao absurdo. Os relatos breves que compoñen o libro relaciónanse entre eles non só a través dalgún personaxe ou escenario recorrente, senón sobre todo por unha especial concepción do fantástico que subxace ao real e desa mesma realidade cotiá que, illada e habilmente extirpada de todo contexto, toma a senda inequívoca do fantástico.
En Tres fins do mundo conviven o macabro, o reflexivo, o surreal, o cotián e o transcendental, todos eles servidos en forma de petiscos que, máis que deixar o lector con mal sabor de boca pola brevidade, fan que no maxín persista un resón disonante moito tempo despois de fechar o libro.

Autor: Mykkänen (gal), Erkka

Naceu en Kuopio en 1988, aínda que vive en Helsinki, cidade na que exerce como profesor de escritura creativa e escritor. Gañou ou resultou finalista de distintos premios nos eidos da poesía, a prosa, o xornalismo ou a curtametraxe, disciplina á que tamén dedica parte do seu tempo. Como escritor, participou en numerosas antoloxías colectivas. Tres fins do mundo (2015) foi o seu primeiro volume propio, co que acadou un grande éxito de crítica. En 2018 viu a luz a súa novela Something not good.


Otras imágenes del libro